A UNED de Lugo organiza unha xornada que nos convida a coñecer Eurodesk e a súa campaña Time to Move

Aberto o prazo de matrícula
Unha xornada dividida en dous bloques, un dedicado ao descubrimento das principais bolsas para viaxar por Europa promovidas a través dos programas Erasmus+, CES e DiscoverEU con simulación de deseño dun proxecto de intercambio e actividades de teambuilding e public speaking.
O outro bloque estará dedicado a destacar o valor do voluntariado na sociedade e o papel da mocidade para o crecemento do sentido de cidadanía europea e a defensa dos valores de liberdade, inclusión, diversidade e tolerancia.
Participan nesta actividade Lorena López Cedrón, xerente do GDR Comarca de Lugo, e Nino Versace, director de Proxectos Europeos.
Realizarase online e presencial, o 23 de outubro de 17:00 a 22:00 horas.
Máis información e matrícula: