A próxima semana comeza na UNED de Lugo unha actividade sobre Xestión e Avaliación Ambiental

O curso Xestión e Avaliación Ambiental ten por obxecto ofrecer unha formación básica sobre o impacto ambiental e a súa xestión e avaliación, de forma que proporciona os coñecementos necesarios para realizar unha avaliación ou estudo do impacto ambiental.

A actividade será impartida por José Pérez Vázquez, CEO/Xerente de Sogos Consulting SLU.

Realizarase online ou presencial, en directo ou en diferido, do 2 ao 9 de maio as 17:00 horas.

Máis información e matrícula nesta ligazón:

https://extension.uned.es/actividad/26212&codigo=GYEA