A UNED de Lugo ofrece un curso sobre edición de textos científicos coa ferramenta LaTeX

O curso Introdución á Edición de Textos Científicos con LaTeX introduciranos neste sistema de composición de textos orientado á creación de documentos escritos que presenten unha alta calidade tipográfica. Deste xeito aprenderemos a sintaxe básica dos arquivos fonte de LaTeX, así como algúns dos comandos principais que se necesitan para estruturar documentos sinxelos.

Será impartido por María José Ginzo Villamayor, investigadora do Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización (USC).

Realizarase online do 3 ao 12 de maio, de17:00 a 19:30 horas.

Máis información e matrícula:

https://extension.uned.es/actividad/26975&codigo=IETC