II Xornadas UNED Lugo sen fronteiras. Exposición e conferencia sobre a catástrofe nuclear de Chernóbil

A exposición consiste nunha serie de fotografías do accidente nuclear de Chernóbil tomadas polo fotógrafo bielorruso Vladimir Siz, que nos invitan a reflexionar sobre a catástrofe nuclear trinta e cinco anos despois. Terá lugar do 7 ao 27 de xuño de 2021 no Centro Asociado á UNED en Lugo de 9:00 a 14:00 horas.

Tamén, como parte destas “II Xornadas UNED Lugo sen fronteiras. Belarús e Exposición fotográfica sobre Chernóbil: 35 anos de exposición continua á radiación” e como peche da exposición, o xoves 24 de xuño, de 18:00 a 20:00 horas, celebrarase unha conferencia na que participarán: a Dra. Alena Kárpava, profesora da UGR, vogal de educación do Centro Unesco de Andalucía e Doutora en Paz, Conflitos e Democracia, o Dr. José López Riopedre, Doutor en Socioloxía e titor con Venia Docendi UNED Lugo, Vladimir Siz, fotógrafo e xornalista (Belorrusia) e Ana Belén Traseira Pena, directora do Centro asociado UNED Lugo.

Dispón de toda a información e acceso á matrícula (gratuíta) en Extensión UNED.