A UNED de Lugo colabora un ano máis nas Xornadas Xurídicas Román García Varela
Na súa décima edición destas Xornadas, a UNED colabora un ano máis achegando a acreditación académica da man dos créditos ECTS, que se proporcionarán a aqueles estudantes que superen a actividade.
Este ano dedícanse á temática de ciberseguridad e delitos informáticos. Como en anteriores edicións, os estudantes matriculados poderán asistir dende as súas casas mediante a retransmisión que fai a Fundación TIC da Deputación de Lugo a través da súa canle de YouTube.
A actividade será inaugurada por D. Vicente Guilarte Gutiérrez, presidente do Consello Xeral do Poder Xudicial, D. Claudio Garrido Martínez, alcalde de Sarria, D. Diego Calvo Pouso, conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, D. José Tomé Roca, presidente da Deputación de Lugo e por Dª. Ana Traseira Pena, directora da UNED de Lugo.
Contará coa participación de maxistrados, xuíces, fiscais, letrados da Administración de Xustiza, funcionarios da Administración de Xustiza, catedráticos, profesores de Universidade, rexistradores, notarios, procuradores, funcionarios da Administración Autonómica e Local e público en xeral. Destacando entre outros: D. Álvaro García Ortiz, Fiscal Xeral do Estado; Rafael Mozo Muelas, expresidente do Consello Xeral do Poder Xudicial; D. Juan Antonio Xiol Ríos, exvicepresidente do Tribunal Constitucional; D. Marc Robinson, maxistrado de enlace de Reino Unido en España; Dª. Ana María Gude Fernández, decana da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela; Dª. María Concepción Espejel Jorquera, maxistrada do Tribunal Constitucional; Dª. Raquel de Miguel Morante, fiscal na Audiencia Nacional; D. Miguel Marcos Ayjon, LAJ na Secretaría de Xustiza da Sala 2ª do Tribunal Constitucional; Dª. Carlota Cuatrecasas Monforte, maxistrada da Audiencia Provincial de Barcelona; Dª. María Emilia Casas Baamonde, expresidenta do Tribunal Constitucional; Dª. María Elvira Tejada de la Fuente, fiscal de Sala na Unidade de Criminalidade Informática; D. Javier Hernández García, maxistrado da Sala 2º do Tribunal Supremo; D. Antonio Piña Alonso, presidente da Audiencia Provincial de Ourense; D. José Luis Barreiro Rivas, exvicepresidente da Xunta de Galicia; D. Pablo María Lucas Murillo de la Cueva, presidente da Sala 3ª do Tribunal Supremo; D. Jordi Nieva-Fenoll, catedrático de Dereito Procesual da Universidade de Barcelona; Dª. Mar España Martí, directora da Axencia Española de Protección de Datos.
A clausura contará con: D. Cándido Conde Pumpido. Presidente do Tribunal Constitucional; D. José María Gómez y Díaz-Castroverde, presidente do TSXG; D. Carlos Lema Devesa, director das XVII Xornadas Xurídicas; D. Román García-Varela Iglesias, director das XVII Xornadas Xurídica.
Terá lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura de Sarria e a asistencia será online, en directo ou en diferido, do 12 ao 14 de xuño.
Máis información e matrícula: