A UNED de Lugo ofrece a cuarta edición do curso sobre Mediación civil, familiar e comunitaria

A Mediación converteuse nunha ferramenta fundamental para a nosa  sociedade, xa que cada vez xoga un papel máis importante a resolución dos conflitos de forma pacífica, fomentando o mutuo acordo. A raíz da entrada en vigor da Lei 5/2012, de 6 de xullo, de Mediación en Asuntos Civís e Mercantís, e a posterior aprobación do Real Decreto polo que se desenvolven determinados aspectos da Lei 5/2012, o 13 de decembro de 2013, España conta xa cunha ordenación xeral, na que se marcan as condicións necesarias para o exercicio da profesión.

Este curso está validado como formación específica e necesaria para o cumprimento dos requisitos que garanten o acceso ao Rexistro de Mediadores Estatal do Ministerio de Xustiza de España, incluíndo a posibilidade de acceder ás especializacións de Mediación Civil, Mediación Familiar e Mediación Xeral, así como a outros Rexistros públicos e privados de diferentes Comunidades Autónomas.

Será impartido por: Francisco Javier Mingorance Cózar, pedagogo, mediador oficial habilitado polo Ministerio de Justiza do Gobierno de España e do Departament de Justicia de la Generalitat de Catalunya; Dr. Tomás Fernández Villazala, capitán da Guardia Civil e xefe de Sección na Oficina contra Delitos de Odio; María Fuensanta Otero Beltrán, coordinadora de Extensión Universitaria do CA Lugo, coach educativa, Educación de Adultos e Animación Sociocultural e o Dr. Adriano Jacinto Alfonso Rodríguez, doutor en Dereito, doutorando en Ciencias Políticas, graduado en Criminoloxía e Ciencias de Seguridade Pública, xuíz substituto e profesor titor UNED.

Realizarase online do 7 de marzo ao 7 de xuño, cun total de 300 horas lectivas.  

Máis información e matrícula:

https://extension.uned.es/actividad/25651&codigo=CDMC