A UNED de Lugo ofrece o relatorio “Mulleres: igualdade, violencia e reprodución” co gallo do 25N

A doutora Elena Hernández Corrochano, secretaria do Centro de Estudos de Xénero e profesora do Departamento de Antropoloxía Social e Cultural UNED, tratará neste relatorio sobre os dereitos sexuais e reprodutivos co gallo do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

En todo o mundo, moitas persoas son perseguidas por exercer os seus dereitos sexuais e reprodutivos e a moitas máis se lles impide totalmente exercelo.

O significado dos dereitos sexuais e reprodutivos é que cada cal é libre de decidir sobre o seu corpo e de:

  • obter información precisa sobre estes asuntos
  • acceder a servizos de saúde sexual e reprodutiva, o que inclúe os de contracepción
  • elixir se desexa casar, cando e con quen
  • decidir se quere ter fillos e cantos

Deses dereitos, despréndese tamén que debemos poder vivir sen ningún tipo de violencia sexual, o que inclúe violacións, mutilación xenital feminina, embarazos forzados, abortos forzados e esterilización forzada. (https://www.amnesty.org/es/what-we-do/sexual-and-reproductive-rights/)

Será impartida pola Dra. Elena Hernández Corrochano, secretaria do Centro de Estudos de Xénero e profesora do Departamento de Antropoloxía Social e Cultural UNED, acompañada pola directora do centro, Ana Belén Traseira Pena.

Realizarase online ou presencial, o vindeiro xoves, 24 de novembro, de 18:00 a 19:00 horas. 

Máis información e matrícula:

https://extension.uned.es/actividad/27570&codigo=CIVYR