#UNEDLife organiza un especial a cerca do Club Baloncesto Breogán: “Orgullo de Club: CB Breogán”
O proxecto #UNEDLife organiza un foro aberto acerca do Club Baloncesto Breogán o vindeiro xoves, 1 de decembro, ás 19.30 horas. O foro, titulado Orgullo de Club: CB Breogán, contará coa presencia de históricos xogadores, xornalistas, directivos, afección e xogadores do actual cadro lucense. Será un diálogo a cerca do pasado, presente e futuro deste club insigne do deporte lucense.
Grandes coñecedores do club como o actual director xeral Tito Díaz, o excapitán do Breogán e actual director da Fundación Breogán Salva Arco, o xornalista deportivo Paco Basanta, o xogador breoganista lucense Erik Quintela e o afeccionado Jesús Méndez, compartirán con nós unha tarde de baloncesto.
A UNED de Lugo convida a todos os afeccionados ao deporte da canastra a compartir uns bos momentos falando de baloncesto, deporte e saúde.
Este é o primeiro dos especiais a cerca dos clubs de referencia do deporte lucense que organiza o proxecto #UNEDLife.
As persoas interesadas en asistir poden inscribirse no seguinte número de WhatsApp 608577391 o na ligazón https://extension.uned.es/actividad/28644&codigo=ODCOC.