A UNED de Lugo ofrece un curso sobre comercio electrónico e criptomonedas
O curso Nocións básicas sobre comercio electrónico, emprendemento e criptomonedas propón realizar un percorrido actual, versátil e útil dentro do mundo das e-commerce como modelo empresarial e de negocio. Coñecer cada unha das reviravoltas do proceso da venda online, consellos útiles para unha compra segura en internet, a normativa que a rexe e os novos nichos de negocio xurdidos como froito da creación de plataformas coñecidas como as Marketplace.
Ademais, realizarase un percorrido por cada un dos aspectos que viran en torno ao mundo das criptomonedas e a súa crecente irrupción dentro do mundo financeiro.
Este curso será impartido por María Fernanda Núñez Uzcátegui, licenciada en Comunicación Audiovisual, docente de formación para o emprego, especializada en Orientación laboral, comunicación e marketing, procura activa de emprego e RRSS.
Realizarase online, en directo ou en diferido do 3 ao 20 de decembro.
Máis información e matrícula en: