A UNED de Lugo ofrece un curso sobre iniciación á programación en Java

Neste curso introdutorio coñeceremos o funcionamento básico do ecosistema de desenvolvemento de programas en Java con BlueJ (como crear un proxecto, paso de parámetros, obxectos), así como diferentes ficheiros que se xeran ao crear un programa en Java e que fai cada un deses ficheiros. Pero tamén aprenderemos como se documentan os programas en Java, diferentes tipos de comentarios e creación de documentación de forma automática con JavaDoc.

Será impartido por Luís Vázquez López, profesor titor con Venia Docendi en CA Lugo e profesor de Secundaria.

Realizarase online, do 20 de febreiro ao 14 de marzo

Máis información e matrícula:

https://extension.uned.es/actividad/27955&codigo=CDIAJ