A UNED de Lugo ofrece un curso sobre nutrición práctica

O curso Nutrición práctica, que saber para comer san ofrece aos seus asistentes unha idea clara do que é unha alimentación equilibrada e saudable, así como a posibilidade de adquirir coñecementos de nutrición que se poden aplicar na súa vida diaria.

Ademais, trataranse temas actuais da nutrición e da alimentación, dando unha visión realista e baseada na ciencia, para que os asistentes aprendan a ser críticos coa información que reciben dos medios de comunicación acerca de diversos temas nutricionais, tales como a suplementación nutricional, o mundo das dietas, o xaxún intermitente…

Este curso será impartido por María Ángeles Novo Martínez, dietista nutricionista, máster en Nutrición Clínica e coach nutricional.

Realizarase online ou presencial, en directo ou en diferido do 21 ao 24 de febreiro no horario de 18:00 a 19:30.

Máis información e matrícula en:

https://extension.uned.es/actividad/25966&codigo=NPQSP