A UNED de Lugo organiza unha actividade para fomentar a inserción no mundo laboral
A actividade Técnicas de inserción laboral ofrece a posibilidade a todas aquelas persoas interesadas de coñecer e explorar a fondo diversas alternativas útiles e necesarias, para o seu desenvolvemento profesional, así como de descubrir varios aspectos que lle axudarán a conformar e fortalecer o seu perfil e obxectivos laborais, unha vez finalizados os seus estudos.
Traballarase desde un enfoque práctico, sobre todo, moi actual, para alcanzar unha aprendizaxe realista con respecto ao mercado laboral e as súas bondades e obstáculos. Esta formación expón unha inmersión total no panorama que se abre cando saímos ao mercado laboral en busca de oportunidades, e por que non dicilo?, a por a conquista das nosas metas.
Unha actividade que será impartida por María Fernanda Núñez Uzcátegui, licenciada en Comunicación Audiovisual, docente de formación para o emprego, especializada en Orientación laboral, comunicación e marketing e a procura activa de emprego e RRSS.
Realizarase online, en directo ou en diferido, do 18 de febreiro ao 22 de abril, no horario de16:00 a 19:00.
Máis información e matrícula en: