A UNED de Lugo ofrece un curso sobre os clubs de produto turístico

Os clubs de produto turístico son formas de planificación e xestión baseadas na alianza de empresas e entidades públicas co obxecto de crear unha oferta diferenciada e de calidade nun destino turístico.
No curso Clubs de produto turístico: Creación e xestión mostraranse as características dos clubs de produto e a metodoloxía de aplicación, analizaranse casos de éxito e achegaranse ferramentas para a súa creación.
Será impartido por Fátima Cachafeiro Branco, socia-consultora en Avivae.
Realizarase online ou presencial do 25 ao 27 de abril, de 17:00 a 21:00 horas.
Máis información e matrícula: