A UNED de Lugo ofrece unha actividade sobre os cruceiros

Fernando Arribas Arias estudará en profundidade os cruceiros, o monumento relixioso máis representativo da arte popular galega, xunto cos esmoleiros. A súa orixe remóntase ao período gótico, se ben o seu espallamento coincide coa Contrarreforma.

Realizarase de forma presencial ou en liña este mércores, día 26 de outubro, de 17:00 a 20:00 horas. 

Actividade gratuíta, matrícula obrigatoria.

Máis información e matrícula:

https://extension.uned.es/actividad/26536&codigo=OCUED