A UNED publica unha conversa co membro do IPCC Xavier Labandeira, con motivo do Día Internacional contra o Cambio Climático

A peza audiovisual lanzouse a través de todas as canles de comunicación da UNED de Lugo, YouTube e todas as redes sociais da UNED de Lugo: https://www.youtube.com/watch?v=qsjasdi_Hoc.

O 24 de outubro celébrase o Día Internacional contra o Cambio Climático, esta conmemoración, instaurada pola ONU, ten como obxectivo que a poboación tome conciencia da necesidade de paliar os devastadores efectos do cambio climático no noso planeta. É hora de actuar e substituír as nosas accións por outras menos contaminantes, menos nocivas e cuxo impacto no planeta axude a frear a crise climática.

A UNED de Lugo conversou sobre este desafío global con Xavier Labandeira Villot, membro do Grupo Intergobernamental sobre Cambio Climático da ONU (IPCC) para a elaboración do seu Quinto e Sexto informes de avaliación e Catedrático de Economía da Universidade de Vigo e a UNED de Lugo emite a peza con motivo do día internacional da loita contra o cambio climático.

Foto: Labandeira cos coordinadores da actividade España e os Novos Desafíos en Política Exterior.

#DíaInternacionalContraElCambioClimático #CambioClimático #Somos2030