A UNED de Lugo ofrece unha conferencia sobre o impacto das novas tecnoloxías na automoción

Na Conferencia: Small talk: Vehículo conectado e o impacto das novas tecnoloxías no sector de automoción e as súas saídas laborais, Don Óscar Iglesias Cid achegaranos ao mundo das novas tecnoloxías aplicadas recentemente na automoción, como estas están a cambiar as nosas vidas.   

A conferencia centrarase tamén e especialmente na aplicación práctica das novas tecnoloxías na automoción. De forma que os estudantes e os titulados en novas tecnoloxías poderán coñecer a área do vehículo conectado, que lles abre un campo novo no que desenvolver as súas habilidades e coñecementos técnicos adquiridos durante a carreira.

Será impartido por Don Oscar Iglesias Cid, senior program manager Connected Vehicle, Mercedes-Benz Group AG.

Realizarase online ou presencial o 18 de marzo ás 16:00 horas.

Máis información e matrícula:

https://extension.uned.es/actividad/26655&codigo=TVCY