A UNED de Lugo organiza unha actividade para fomentar a inserción no mundo laboral
Na súa segunda edición, a actividade Técnicas de inserción laboral ofrécenos a posibilidade de coñecer e explorar a fondo diversas alternativas útiles e necesarias, para o noso desenvolvemento profesional, así como de descubrir varios aspectos que nos axudarán a conformar e fortalecer o noso perfil e obxectivos laborais, unha vez finalizados os nosos estudos.
Abordaremos como acceder a ofertas dentro do emprego por conta allea e veremos en que consiste o traballo por conta propia, desde o autocoñecemento e de profundar nas nosas destrezas e para iso, valerémonos de trucos que farán destacar as nosas candidaturas dentro das plataformas actuais e o noso proxecto de vida a medio, curto e longo prazo.
Esta actividade será impartida polo Dr. Miguel Bernabé Castaño, profesor UNED, Departamento Psicoloxía Social e das organizacións.
Realizarase online, en directo ou en diferido, do 17 de febreiro ao 11 de abril, no horario de16:00 a 20:00.
Máis información e matrícula en: