A UNED de Lugo propón dúas actividades para o coidado da saúde do lombo. Conferencia do neurocirurxián Pedro Reimunde sobre o exercicio físico en doentes con lumbalxia e cervicalxia.

As dúas actividades pertencen ao proxecto UNEDLife:

    • Escola de Lombo: curso teórico-práctico que inclúe unha introdución teórica e talleres prácticos sobre aqueles aspectos do exercicio físico que contribúen a manter un estado físico óptimo e saudable do lombo. Impartido por Ángel Pérez García, membro da área de Recuperación Funcional do Centro de Fisioterapia Roberto M. Cordeiro de Lugo. Será online do 3 de marzo ao 11 de abril, de 18:00 a 20:00.

  • Conferencia de Pedro Reimunde: O neurocirurxián do HULA Lugo e profesor asociado na @udc_oficial, daranos unha conferencia sobre o exercicio físico en pacientes con lumbalxia e cervicalxia, dende un enfoque baseado na evidencia científica. Será online ou presencial o 9 de marzo de 19:30 a 20:30 horas.


Máis información e matrícula: