AFALU e a UNED de Lugo colaboran na prevención do Alzheimer

AFALU e a UNED colaboran para achegar a realidade das demencias das demencias neurodexenerativas a través dunha actividade impartida por técnicos de AFALU na que ademais farán un cribado para no que se avaliará ao alumnado participante no taller.  Esta primeira parte da actividade terá lugar o martes 28 de novembro en horario de 10.00 a 11.30 horas.

O xoves 30 de novembro terá lugar a segunda parte desta actividade, en horario de 10.30 a 12.00 horas, que se tratará sobre á estimulación cognitiva.

Esta actividade está ideada para o alumnado da UNED Sénior da UNED, aínda que tamén se convida a participar a calquera persoa interesada en ser avaliada e en coñecer en que consisten as enfermidades neurodexenerativas e como detectalas e combatelas.