Catro artistas galegas serán as protagonistas de Fiadeiras, unha actividade cultural e feminista da UNED Lugo
Fiadeiras achegaranos as experiencias e impresións de varias mulleres galegas que hoxe son referentes indiscutíbeis nos seus correspondentes campos de creación e/ou actividade e que, a través da súa participación, axudarannos a formular mellor algúns dos interrogantes e desafíos que como mulleres enfrontamos en todo tipo de ámbitos.
Unha actividade enmarcada dentro do programa UNEDFutura.
Uxía Domínguez Senlle será a protagonista da primeira sesión, que terá lugar o xoves, día 21, ás 18:30, no salón de actos do centro.
Uxía é unha das figuras centrais da cultura galega e probabelmente unha das mellores embaixadoras da música tradicional galega en todo o mundo, achegando ademais importantes contribucións ao espallamento da lusofonía. Leva décadas colaborando coas principais figuras da música e, ao tempo, desenvolveu unha incesante labor cívica e social en propostas que sempre promoven talentos emerxentes dende unha óptica comprometida coa loita das mulleres.
Presentación das FIADEIRAS participantes
Máis información e matrícula: