Mañá comeza a segunda parte do Programa de educación canina amable na UNED de Lugo

Aberto o prazo de matrícula

A segunda parte desta actividade centrarase no mundo emocional, a xestión emocional e a comunicación dos nosos compañeiros caninos.

Será impartido por Virginia Torrecillas Hernández, educadora canina, terapeuta canina e técnica en terapia asistida con animais.

Realizarase online ou presencial dende o 23 ao 30 de outubro, de 09:00 a 14:00 horas.

Máis información e matrícula:

https://extension.uned.es/actividad/39903&codigo=PDECA