Mañá terá lugar na UNED de Lugo o terceiro encontro de LUGOPOÉTICA 2024

María Xosé Lamas e Brenda Mondelo serán poetisa consagrada e poetisa nova no terceiro encontro destas xornadas dedicadas á poesía da terra.

Nestas xornadas, o coordinador presentará ao/á poeta/poetisa consagrado/a, que lerá e comentará o seu poema máis significativo; presentará ao/á poeta/poetisa novo/a con igual tratamento, e a continuación suscitará o diálogo entre ambos/as, con lectura e comentario da poesía do/a poeta/poetisa novo/a para rematar cun xuízo breve do especialista en poesía galega da UNED, que resumirá a experiencia do día.

Lugopoética nace con vocación de continuidade, pretendendo medrar no futuro con similares encontros que reflictan a riqueza e potencial da creación poética nas terras lucenses.

Realizarase online e presencial, do 29 de febreiro ao 6 de xuño, de 18:30 a 20:30 horas.

Máis información e matrícula:

https://extension.uned.es/actividad/35189&codigo=LUGOP