Nova edición do curso sobre intelixencia emocional e benestar animal na UNED de Lugo

Nesta actividade aprenderemos a coñecer mellor, a comunicarnos e a relacionarnos mellor, de maneira máis emocional, cos nosos animais de compañía.

Será impartido por Virginia Torrecillas Hernández, educadora canina, terapeuta canina e técnica en terapia asistida con animais.

Para poder asistir cun can ao curso nos días estipulados para iso, deberase pasar un cuestionario facilitado o primeiro día do curso e valoralo segundo o carácter do animal.

Realizarase online ou presencial dende o 11 ao 22 de abril, de 09:00 a 14:00 horas.

Máis información e matrícula:

https://extension.uned.es/actividad/36995&codigo=IEYBA