Maxistrados, fiscais e integrantes das FCSE impartirán un curso na UNED de Lugo sobre terrorismo e crime organizado
Fernando Pinto Cebrián dará o relatorio inaugural desta actividade, Novos terrorismos, novas formulacións.
Unha actividade formada por unha serie de relatorios que teñen como finalidade profundar en aspectos teóricos, pero principalmente prácticos, no campo da criminoloxía.
Xunto a Fernando Pinto, contaremos cun grupo de profesionais cualificados para transmitir experiencia e coñecementos, e desde os diferentes puntos de vista, dado que colaboran como persoal docente, integrantes das FCSE, profesorado, maxistratura e fiscalía, especialistas en criminoloxía, todos eles avalados por unha longa traxectoria no exercicio profesional.
Realizarase presencial ou online, en directo ou en diferido, do 12 ao 26 de novembro, en horarios de entre as 17:00 e as 21:00 horas.
Programa
venres, 12 de novembro
18:00-18:30 h. Presentación
18:30-20:00 h. Conferencia inaugural “NUEVOS TERRORISMOS, NUEVOS PLANTEAMIENTOS”
- Fernando Pinto Cebrián, Coronel do Exército de Terra (Estado Maior). Doutor en Historia. Ex axente do Centro Nacional de Intelixencia (CNI).
xoves, 18 de novembro
18:00-19:30 h. CONFERENCIA: “Nuevas formas delictivas y respuesta judicial”
- José Antonio Vázquez Taín, Maxistrado Titular Juzgado do Penal número 2 A Coruña.
19:30-21:00 h. CONFERENCIA: “Crimen organizado y proceso penal: Paradigmas de derecho comparado”
- Adriano Jacinto Alfonso Rodríguez, Doutor en Dereito, Doutorando en Ciencias Políticas, graduado en Criminoloxía e ciencias de Seguridade Publica, xuíz sustituto e profesor-titor UNED.
xoves, 25 de novembro
18:00-19:30 h. CONFERENCIA: “Crimen Organizado y Narcotráfico: Algunas cuestiones sustantivas y procesales”
- Dña. Susana Pazos Méndez, Maxistrada
19:30-21:00 h. CONFERENCIA: “Aspectos económico-criminales: el delito de blanqueo”
- Dña. Marta Rivera Cumbraos, Fiscal
venres, 26 de novembro
17:00-18:30 h. CONFERENCIA: “Cooperación policial internacional”
- Carmelo Ruíz Ruíz, Tenente Coronel da Garda Civil. Ex agregado de Interior Embaixada de España
18:30-19:45 h. CONFERENCIA: “Investigación policial y manifestaciones criminales específicas”
- Víctor Souto Fernández, Comandante da Garda Civil (UCO)
19:45-21:00 h. CONFERENCIA DE CLAUSURA: “Modelos de intervención penal en tiempos de modernidad liquida”.
- Dr. D. Juan Manuel Lacruz López, Profesor titular do Departamento de Dereito Penal e Criminoloxía e Vicerreitor de Grao e Posgrao da UNED.
Máis información e matrícula en:
https://extension.uned.es/actividad/25556&codigo=CYCO