Sonia Varela dará unha charla na UNED de Lugo sobre comunicación

A experta en comunicación, voz de grandes compañías como Google, Microsoft ou IBM, axudaranos a descubrir o poder das nosas voces e a maneira de comunicar con autenticidade e confianza.

Será impartida por Sonia Varela, coach de comunicación, creadora do método de adestramento ComunicAD©, fundadora e directora de Medianorte, locutora de radio, VoiceOver e fundadora da 1ª Sala de Podcast Infantil e Xuvenil de Europa.

Realizarase online ou presencial o 15 de maio, de 17:00 a 18:00 horas  

Máis información e matrícula:

https://extension.uned.es/actividad/37763&codigo=JPDT