A UNED de Lugo imparte unha charla de orientación ao alumnado do I.E.S. Xoán Montes

O día 8 de maio o Centro Asociado de Lugo impartiu unha conferencia de orientación ao alumnado de 4º da E.S.O. do I.E.S. Xoán Montes para divulgar a Universidade.
Esta iniciativa xorde da man da Directora da UNED de Lugo Ana Traseira, así como da coordinadora do COIE (Centro de Orientación de Emprego) presentando os servizos que o centro pon ó alcance de todos os estudantes. Explicáronse os diversos graos que existen en Artes e Humanidades, Ciencias, Ciencias da saúde, Ciencias Sociais e Xurídicas así como en Enxeñaría. Tamén se deron orientacións de como acceder ó Campus Virtual, así como o proceso de admisión e matriculación, ingresando dende un ciclo de grao superior ou bacharelato, sen nota de corte nin tope de matriculados. Para finalizar tamén se explicou a forma de adquisición da bibliografía obrigatoria na Biblioteca do Centro.
A través dunha comunicación activa e positiva do futuro, esta proposta pretende impulsar ó alumnado adolescente a unha relación de tipo horizontal coa Universidade, na que se encontren nun contexto cómodo e familiar capaz de elixir o seu modelo de vida futura, tentando crear así unhas novas xeracións sen crenzas que lles poñan límites. Desexamos unha sociedade de seres humanos que constrúen, sendo libres de elixir e comprometidos cun fin: o éxito e a felicidade propia, así como o avance deste mundo creando unha cultura do esforzo e global.
Esta proposta está dentro do compromiso da UNED de Lugo coa Axenda 2030 e os seus Obxectivos de Desenvolvemento Sostible: 4. Educación de calidade e 17. Alianzas para lograr obxectivos.