Xornadas UNED Lugo Sen Fronteiras, dedicadas a Moldova este ano
As Xornadas UNED Lugo Sen Fronteiras tratan de ofrecer unha aproximación á Historia e contexto cultural e socio-político dun país ou rexión, neste caso da República de Moldova, pequena nación, moi pouco coñecida en España e que se atopa nunha localización xeo-estratéxica altamente sensible no marco do actual conflito bélico entre Rusia e Ucraína.
Participan nesta actividade: o Dr. José López Riopedre, doutor en Socioloxía, titor con Venia Docendi UNED Lugo (dirixe) e Mariana Latco, doutora en Ciencias Políticas, profesora do Departamento de Ciencias Políticas e Administrativas da Universidade de Estado de Moldova
Realizarase presencial ou online, en directo ou en diferido, mañá xoves, 20 de xuño, ás 17:00 horas
Máis información e matrícula: