Comeza o prazo de Admisión para estudos de Grao na UNED

  • Admisión e matrícula ata o 22 de outubro
  • 30 Graos sen nota de corte
  • A Admisión solo é necesaria para trasladar expediente dende outra universidade española ou simultanear estudos con outra institución

A UNED abriu o período de Admisión para os seus estudos de Grao. Este proceso só é necesario para aqueles estudantes que desexan trasladar o seu expediente ou simultanear estudos dende outra universidade española, así como os estudantes procedentes da proba de acceso para maiores de 45 anos dende outra universidade española. Unha vez admitidos, os alumnos deberán formalizar a súa matrícula entre o 4 de xullo e o 22 de outubro.Ambos procesos realízanse de forma online.

A UNED conta cunha variada oferta académica en constante renovación que inclúe unha trintena de títulos de Grao aos que se pode acceder sen nota de corte. A súa  metodoloxía online e semipresencial permite aos alumnos cursar todos os seus estudos dende calquera lugar do mundo grazas á tecnoloxía máis novidosa e ao apoio da extensa rede de Centros UNED, que conta con 80 sedes en 75 cidades de 17 países.

Ademais do período de Admisión de Graos, a UNED mantén aberta a preinscrición para estudantes novos de Másteres Oficiais, que se manterá ata o 9 de xullo (agás a preinscrición para o máster en Innovación en Tecnoloxías Industriais, que será dende o 19 de xuño ata o 31 de xullo) e a preinscrición para estudantes novos de Doutorado, que se prolongará ata o 30 de xuño.