/* Xavier: quitamos "http:" nos enlaces a googleapis para que cargue ben por http ou https*/

Suspensión de prazos da Convocatoria de Prazas de Profesor-Titor

Dacordo co establecido na disposición adicional terceira do Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, suspéndense os términos e interrómpense os prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público. O cómputo dos prazos renovarase no momento en que perda vixencia o Real Decreto ou, no seu caso, as prórrogas do mesmo.

Dita disposición adicional terceira resulta de aplicación ás convocatorias de Concurso Público de venias docendi de Profesorado Titor nos Centros Asociados á UNED para o curso académico 2020-2021, polo que todos os seus trámites e prazos deben quedar suspendidos, sen necesidade de que se dicte resolución administrativa que así o acorde.