/* Xavier: quitamos "http:" nos enlaces a googleapis para que cargue ben por http ou https*/

Aberta a matrícula para Proba Libre De Idiomas

O Centro Universitario de Idiomas Dixital e a distancia da UNED (CUID) abriu a matrícula ata o 11 de maio para a Prueba Libre de acreditación para todos os idiomas e niveis cos que conta na súa oferta académica.

A Proba Libre de Idiomas está pensada para acreditar o nivel de competencia lingüística nunha lingua sen necesidade de ter que estar matriculado nun curso de idiomas anual. Este curso 2019-2020, a matrícula para a convocatoria única de maio-xuño estará aberta dende o 13 de xaneiro ata o 11 de maio de 2020 para todas as linguas e niveis ofertados polo CUID.

A Proba Libre consiste nun exame que consta de dúas partes, unha oral composta por dúas probas na que se valoran a súa Comprensión Auditiva e Expresión e Interacción Oral; e outra escrita con dúas probas, unha de Comprensión Lectora/Uso da Lingua e outra, de Expresión escrita, de acordo coas directrices do MCERL (Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas). A proba oral realízase mediante a aplicación E-Oral.

É necesario superar cada unha das catro destrezas avaliables para aprobar o exame e, dese modo, poder acreditar o nivel nun  ou varios idiomas

Os idiomas e niveis que oferta o CUID son: árabe, alemán, catalán/valenciano, chinés, español para estranxeiros, euskera, francés, galego, inglés, italiano, xaponés, portugués, ruso, esperanto, neerlandés e Lingua de Signos Española.

Poderase matricular nesta proba toda persoa de nacionalidade española ou estranxeira que cumprira os 18 anos, sen necesidade de posuír titulación académica algunha.

O prezo único da matrícula é de 65 euros.

Enlaces: