/* Xavier: quitamos "http:" nos enlaces a googleapis para que cargue ben por http ou https*/

Mar Castro e Verónica Ramallal impartirán un curso na UNED sobre habilidades brandas para emprendedores

As competencias brandas son habilidades para a vida persoal e profesional, que nos permiten diferenciarnos nun contexto laboral competitivo. Son competencias innatas que podemos traballar e desenvolver; que favorecen o liderado e que nos permiten actuar de xeito efectivo.

Este curso ofrece a oportunidade aos seus asistentes de traballar as súas habilidades brandas para mellorar a forma en que se comunican no seu ámbito persoal e laboral, permitíndolles xestionar a súa propia marca persoal.

Será impartido por:

  • Dra. María del Mar Castro Mestra, consultora en protocolo empresarial e docente en diversas universidades españolas, escolas de negocio, institucións públicas e privadas.
  • Verónica Ramallal Trevín, traballa en Axencia PEKECHA e docente en Universidades, EOI, EGAP e Administracións Públicas.

“Somos o que comunicamos”

Realizarase online ou presencialmente do 31 de outubro ao 17 de decembro de 2019, en horario de 16:00 a 21:00 horas.

Créditos: 2 créditos ECTS.

Máis información e matrícula aquí.