Centro Asociado da UNED de Lugo

O Centro Asociado da UNED en Lugo foi creado no ano 2007, é un dos catro centros de Galicia e pertence ao Campus Noroeste.

O Consorcio do Centro Asociado da UNED en Lugo é a agrupación de entidades ou institucións baixo cuxa protección ou coidado se acha o devandito Centro.

A xunta Reitora do Centro, tal como indican os Estatutos da UNED de Lugo,  estará constituída polos seguintes membros:

  • 3 en representación da UNED.
  • 1 en representación do Concello de Lugo.
  • 1 en representación da Deputación de Lugo.
  • 1 en representación da Xunta de Galicia.
  • 1 en representación do Concello de Monforte de Lemos.
  • O Director do Centro.
  • O Representante dos Profesores Titores do Centro.
  • O Delegado de estudantes do Centro.
  • O Representante do Persoal de Administración e Servicios do Centro.

 

O Centro Asociado UNED en Lugo conta cunha estrutura periférica formada por tres Aulas Universitarias situadas nos municipios de Foz, Monforte de Lemos e Viveiro.

As funcións do Centro Asociado son as de impartir titorización nas distintas titulacións, así como a realización das Probas Presenciais ou exames presenciais nun único lugar para todos os seus estudantes matriculados, ademais de ofrecer o servizo de préstamo bibliotecario.

UNED Lugo

Enderezo: Tolda de Castela, 4B – Lugo.
Teléfono: 982.280202
FAX: 982.231600
Correo electrónico: info@lugo.uned.es