Rexistros oficiais para a entrega de documentación de matrícula UNED

No proceso de matrícula para os estudos oficiais da UNED, sobre todo se é a primeira vez que se matricula, é posible que necesite enviar algunha documentación (títulos oficiais, certificacións de discapacidade, etc.) á sede central da UNED. Neste caso debe entregar  a devandita documentación exclusivamente nalgún rexistro oficial da Administración Pública que estea conectado ao sistema SIR.

Para entregar a devandita documentación no rexistro pertencente ao SIR debe indicar o código do órgano correspondente da UNED a onde envía a documentación (este código ten a forma U0280XXX, sendo X un díxito que varía do 0 ao 9). Axuntamos documento co listado completo de códigos dos diferentes órganos da UNED.

Se desexa entregar documentación nalgún punto da provincia de Lugo, a entrega debe realizarse exclusivamente nos Rexistros Oficiais ou nas oficinas de Correos que listamos no seguinte documento.: Listado Rexistros válidos da provincia de Lugo.pdf.

No caso de facela entrega de documentación nas oficinas de correos queremos facer constar que o trámite  ten custo para o alumno (ver tarifas de rexistro electrónico nesta páxina de Correos).

Para calquera  outra información, ou para acceder á lista completa de rexistros oficiais válidos, pregamos consulte a páxina web de información sobre entrega de documentación en Portal UNED).