A UNED organiza unha actividade con motivo do cumio do clima

O Centro asociado da UNED de Lugo, en colaboración coa Sede Central da UNED, organiza a actividade #COP25UNED. Esta actividade, que se celebra paralelamente ao Cumio sobre o Clima de Madrid COP25, pretende involucrar aos distintos colectivos da UNED ante o reto do cambio climático, facilitando a participación de toda a comunidade universitaria no cumio.

Trátase dun proceso participativo, que terá lugar na Sede Central da UNED e no Centro asociado á UNED en Lugo.

Na UNED de Lugo crearase un grupo de traballo cos participantes (estudantes, PAS e titores) que asistan presencialmente ao taller participativo e á sesión de posta en común, que se celebrarán os días 2 e 16 de decembro, coa seguinte programación:

Máis información sobre #COP25UNED en Portal UNED.

Acceso ao vídeo en directo do teleacto (streaming): “Cambio universidad por Cambio Climático.”

A UNED convida a toda a comunidade universitaria e á sociedade lucense a participar.
Esta actividade intégrase dentro do proxecto do Centro UNEDLugo#NaturalMente.