Comeza o prazo de matrícula para exames de inglés do Trinity College London

A UNED en Lugo é un centro de exames rexistrado para os exames de inglés Trinity dos niveis B1, B2 e C1 (recoñecemento internacional). Hai prazas limitadas e, na UNED, soamente é posible facer o exame global (todas as destrezas). Matricúlate do 5 de xullo ao 29 de setembro. Atención: a aplicación de matrícula permanecerá pechada do 1 ao 15 de agosto.

Dispón de máis información neste documento (Trinity-College.pdf)) e acceso á matrícula en https://app.uned.es/portal/admision-matricula-por-internet (é necesario despregar “Matrícula Centro Universitario de Idiomas”).