A UNED abre o prazo de matriculación para o Curso 2023/24

 
 
 
Compaxinar a túa vida coas túas metas para chegar tan lonxe como te propoñas grazas a unha Educación Superior de calidade é posible na UNED, porque dende o 5 de xullo e ata o 23 de outubro abrimos prazo de matrícula para o novo curso 2023-2024.

Na UNED es ti o que elixes entre 30 Graos sen límite de prazas, por iso a UNED non ten nota de corte. Podes acceder á profesión que sempre quixeches exercer: Antropoloxía Social e Cultural, Estudios Ingleses, Filosofía, Xeografía e Historia, Historia da Arte, Lingua e Literatura Española, Matemáticas, Física, Ciencias Ambientais, Química, Administración e Dirección de Empresas, Ciencias Xurídicas das Administracións Públicas, Ciencia Política e da Administración, Criminoloxía, Dereito, Economía, Educación Infantil, Educación Social, Pedagoxía, Traballo Social, Socioloxía, Turismo, Enxeñaría da Enerxía, Enxeñaría Informática, Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais, Enxeñaría Mecánica, Enxeñaría Eléctrica, Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática, ou Enxeñaría en Tecnoloxías da Información.

Pero se es dos que prefiren maximizar o seu tempo, a UNED ofrece a posibilidade de cursar diversos Graos Combinados sen nota de corte por menos de 360 ETCS, en titulacións relacionadas. Obtés dous títulos de grao mediante a combinación de materias que permiten o recoñecemento de créditos xunto coa adquisición de entre 42 e 120 ECTS adicionais, segundo os graos.

¿Aínda non te decides? Podes probar se a UNED encaixa co teu ritmo de vida mentres consegues uns créditos convalidables co Grao que desexas cursando un Micrograo. Trátase dun tipo de ensino propio da UNED, o obxectivo principal da cal é facilitar a adquisición de novas competencias que preparen as persoas para responder aos rápidos cambios laborais, sociais e tecnolóxicos. Este formato permíteche enfocarte nas túas áreas de maior interese e ofréceche a posibilidade de, unha vez aprobados os créditos do micrograo, estes inclúanse no teu expediente académico se te decides a continuar o Grao ao que se vinculan, de forma que teñan validez como ECTS oficiais e se consideren xa cursados, restándose da carga lectiva do grao.

A universidade pública para todos

Se non tes a titulación necesaria para matricularte no grao que queres, a UNED ofrece aos maiores de 25 e 45 anos a posibilidade de realizar os cursos de acceso á Universidade. Con eles poderás prepararte para superar a proba que che permitirá iniciar os estudios superiores que sempre soñaches.