Aberto o prazo de matrícula na UNED, a única universidade pública sen nota de corte do país
A UNED abre o prazo de matrícula en Grao, Máster e Curso de Acceso á Universidade, que se estenderá entre o 7 de xullo e o 22 de outubro. A súa oferta componse de 28 graos, 11 graos combinados e 79 másteres, ademais do Curso de Acceso á Universidade para maiores de 25 e 45 anos. Na maioría das titulacións tamén permanece aberto o período de Admisión para os novos estudantes. Todas as demandas xestiónanse únicamente a través de Internet.
O proceso de matrícula realízase a través de Internet, mediante un acceso personalizado e seguro que require autenticación con usuario e contrasinal. Ao realizala por este medio, o estudante acepta a recepción por correo electrónico de información relacionada cos trámites administrativos que se xeran na súa solicitude, na dirección e-mail que facilitou.
A UNED é a maior universidade española en número de estudantes, cunha media de 200000 matrículas cada curso, en Grao, postgrao, títulos propios, Acceso á Universidade para maiores de 25 e 45 anos, UNED Senior e Idiomas. Conta co maior campus de Europa, con 61 sedes distribuídas por toda a península e as illas, ademais de 15 sedes internacionais situadas en catro dos 5 continentes. A combinación de formación online e semipresencial apoiada nunha plataforma propia permite que a UNED sexa a única universidade española que non aplica notas de corte ás solicitudes dos seus futuros estudantes.