Aberto o prazo de Admisión para 28 Graos e 11 Graos Combinados

Terán que solicitar Admisión para o acceso a calquera titulación de Grao:

  • Estudantes procedentes de EBAU (Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade), Selectividade, Proba de acceso á Universidade para maiores de 25 ou de 45 anos, dende outra Universidade española.
  • Estudantes que veñan cursando estudos noutra Universidade española e desexen trasladar o seu expediente, para continuar estudos na UNED.
  • Estudantes matriculados noutra Universidade española que queiran simultanear estudos cun Grao na UNED

O prazo de presentación da solicitude de admisión a Graos é do 18 de xuño ao 22 de outubro de 2020 a través do seguinte formulario de solicitude de admisión. Ao final do proceso poderá imprimir ou gardar a carta de admisión.
A validez da resolución de admisión está condicionada a que se cumpran os requisitos establecidos na normativa vixente no momento da formalización da súa matrícula, limitándose esta validez ao Curso académico 2020/2021, non tendo efecto para outro ou outros posteriores.

Unha vez emitida a carta de admisión, deberá presentala na Universidade de orixe. Alí emitiranlle un xustificante de solicitar traslado de expediente ou simultaneidade de estudos. Este documento debe envialo cando realice a matrícula, segundo as instrucións que se lle indicarán no proceso.

Non terá que solicitar admisión:

  • Para trasladar o seu expediente ou simultanear estudos se xa é estudante da UNED
  • Se superou as Probas de Acceso, o Acceso para maiores de 25 anos, acceso profesional ou laboral ou Acceso para maiores de 45 anos na UNED.
  • Se posúe un título de Bacharelato anterior ao cursado segundo a lei 8/2013 de 9 de decembro (LOMCE).
  • Se posúe un título de Técnico Superior FP, Diplomatura, Licenciatura, Enxeñería Técnica, Enxeñería, Arquitectura Técnica, Arquitectura, Grao universitario) e non iniciou outros estudos nalgunha universidade española.

Prazo de matrícula:
Por Internet: Do 7 de xullo ao 22 de outubro de 2020

Listado de graos e graos combinados para o Curso 2020-2021:

Oferta de Graos Oficiais
Graos Combinados