Matrícula xeral aberta na UNED, a única universidade pública sen nota de corte do país

Continúa aberto o prazo de matrícula para todos os estudantes de Grado, Posgraos oficiales e do Curso de Acceso para Maiores de 25 e 45 años. Ata o próximo 22 de outubro, estes estudantes xa poden formalizar a súa matrícula de forma totalmente online. Do 15 de outubro ao 16 de novembro, matricularanse os estudantes de Doutorado.

Graos

Os estudantes de calquera das 28 titulacións de Grao que ofrece a UNED poden matricularse xa na página web da universidade. A UNED ofrece a posibilidade de realizar 11 Graos Combinados, unha modalidade que permite obter dúas titulacións de Grao distintas cursando unha delas completa e, como máximo, a metade dos créditos necesarios para a obtención da segunda.

Másteres EEES

A matrícula definitiva poderá realizarse ata o 22 de outubro, de forma online. Os estudantes antigos de máster realizarán a súa preinscrición do 10 ao 30 de setembro, agás os matriculados no Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria, que o farán do 2 ao 9 de setembro. Unha vez admitidos, poderán matricularse ata o 22 de outubro.

Idiomas e moito máis

O próximo 7 de setembro abrirase tamén o prazo de matriculación para os cursos do Centro Universitario de Idiomas Dixital e a Distancia, que se prolongará tamén ata o 22 de outubro.

Xornadas de acollida

Co fin de facilitar a planificación dos estudos e orientar aos novos estudantes na súa andaina formativa e para contribuír a reducir a taxa de abandono motivada pola falta de organización ou de planificación da carga lectiva, a UNED puxo en marcha un Plan de Acollida para guiar os seus alumnos tanto no proceso de matriculación coma na toma de decisións.

Con este mesmo obxectivo, no Centro asociado de Lugo vaise celebrar unha Xornada de acollida o 1 de outubro no Salón de Actos deste ás 19:00 horas.  Os alumnos poden inscribirse xa para este xornada en http://extension.uned.es/actividad/22813.