/* Xavier: quitamos "http:" nos enlaces a googleapis para que cargue ben por http ou https*/

Últimos días de acceso á Universidade para maiores de 40 anos por Acreditación de Experiencia Profesional

 
 
A UNED ofrece a oportunidade a todas aquelas persoas maiores de 40 anos de acceder a cursar un Grao relacionado coa experiencia laboral previa acreditada.

Os interesados deben cumprir tres requisitos:

  • Cumprir 40 anos antes do 31 de decembro do ano en curso da convocatoria.
  • Non obter outra vía de acceso á universidade (PAU-Selectividade, PAU-acceso para maiores de 25 e 45 anos, título de Técnico Superior en Formación Profesional ou equivalente ou outros títulos que dean acceso).
  • Acreditar experiencia laboral ou profesional relacionada co Grao ao que se pretende acceder.

Sen exames e sen notas de corte. Os interesados poderán solicitar exclusivamente a través de procedemento electrónico o acceso por Acreditación de Experiencia Profesional agora e ata o 16 de abril.

Pode consultar toda a información dispoñible en Portal UNED.

#LaUniversidadEnCasa

#UNEDLugoNaturalMente