UNEDasiss, servizo da UNED dirixido a estudantes procedentes de sistemas educativos internacionais

A UNED acaba de presentar UNEDasiss, o servizo da UNED dirixido a estudantes procedentes de sistemas educativos internacionais que queiran comezar estudos de Grao en universidades españolas. Na web UNEDAsiss encontrará a información necesaria sobre os servizos de acreditación que se ofrecen aos estudantes internacionais e que lle permitirá solicitar admisión nas universidades españolas adscritas ao sistema UNEDasiss.

Se desexa consultar unha versión reducida de toda esta información consulte o documento  Resumen-UNEDAsis.doc.