A directora e o secretario da UNED de Lugo asistiron á Reunión do Campus Noroeste da UNED celebrada en Segovia

Na súa primeira cita das dúas clásicas anuais que celebra o Campus, contou coa presenza do reitor Ricardo Mairal Usón e dos seus vicerreitores de Centros, Jesús de Andrés Sanz, e de Economía, Amelia Pérez Zabaleta.

A reunión, celebrada en dúas sesións, luns 13 e martes 14, tivo como obxectivos principais resolver algunhas cuestións para o peche do curso actual e abordar os desafíos da UNED para o próximo curso 2022-2023. Entre outros temas, informouse da realización dunha proba piloto nos primeiros cursos das titulacións de Grao, da plataforma LMS, que están a desenvolver os centros tecnolóxicos da UNED, que realiza operacións “na nube” e que permitirá substituír a plataforma actual aLF, implantándose progresivamente nos demais cursos do Grao. Tamén se informou de que se abriron dúas sedes fóra de España, unha en Seattle (EEUU) e outra en Marrocos. Ademais, o reitor aproveitou para informar da apertura oficial do próximo curso 2022-2023 na Sede Central da UNED o 19 de setembro, que contará coa presenza de S. M. o Rei con motivo do 50 aniversario desta Universidade.

Os asistentes á cita foron recibidos pola alcaldesa de Segovia e polo presidente da Deputación da provincia nas súas visitas a Deputación e a Concello. 

Visita á Casa do Concello Visita á Casa do Concello
Visita á Deputación de Segovia Visita á Deputación de Segovia

Reunión de Campus en Segovia Reunión de Campus en Segovia