A UNED de Lugo ofrece un curso sobre Actuación en Primeiros Auxilios

No curso Actuación en Primeiros Auxilios. Soporte Vital Básico adquiriremos habilidades básicas para practicar primeiros auxilios e recoñecer situacións de perigo vital, reanimación cardiopulmonar, desobstrución de vía aérea, actuación fronte a hemorraxias, fracturas, queimaduras, intoxicacións, etc.
Unha actividade que pertence ao proxecto UNEDLife
Será impartido por María del Pilar Pavón López, instrutora de Soporte Vital Básico e DESA pola Semicyuc (Sociedade Española de Medicina Intensiva, Crítica e Unidades Coronarias).
Realizarase online e presencial o 15 de marzo, de 16:00 a 21:00 horas.
Máis información e matrícula: