A UNED de Lugo ofrece un curso sobre mitoloxía

As historias de mitos e lendas seguen cativando hoxe en día a maiores e a pequenos, isto débese tanto aos propios mitos como ás obras de arte inspiradas neles creadas ao longo da Historia.

Coa Mitoloxía podemos chegar a entender o mundo simbólico que nos rodea e atopar un significado a través das nosas experiencias. Imos poder explorar, a través dos mitos, temas universais como son a morte, o amor, o destino… Estas historias son transmitidas de xeración en xeración e forman parte da identidade cultural de cada unha das sociedades en que se crearon, xa que cada cultura ten a súa propia mitoloxía.

Participa nesta actividade Raquel Iglesias Rodríguez, licenciada en Historia da arte, profesora titora UNED Lugo e coordinadora de Extensión Universitaria do centro.

Realizarase online e presencial, do 03 ao 16 de abril, de 10:00 a 13:00 horas. 

Máis información e matrícula:

https://extension.uned.es/actividad/35617&codigo=HABLE