/* Xavier: quitamos "http:" nos enlaces a googleapis para que cargue ben por http ou https*/

A UNED SENIOR de Lugo impartirá dous niveis de inglés no primeiro semestre

O venres 16 de setembro de 2016 ábrese o prazo de matrícula para a UNED Senior no Centro Asociado da UNED de Lugo. O prazo rematará o 17 de outubro. As clases comezarán o día 21 de outubro.

Nesta ocasión as materias ofertadas serán Inglés nivel básico e Inglés nivel intermedio. O nivel básico impartirase os venres de 16:00 a 18.00 horas e o nivel intermedio impartirase, tamén, os venres de 18:00 a 20:00 horas.

Este programa formativo diríxese a persoas maiores de 55 anos. O alumno poderá escoller o número de materias que desexa cursar, tendo cada unha delas un custe de 45 Euros. Para matricularse o alumno deberá cubrir o formulario de matrícula e entregalo no Centro Asociado de Lugo xunto co resgardo de pago. A matrícula tamén pode facerse on-line no seguinte enderezo http://extension.uned.es/actividad/12560&codigo=UNEDS

Pode obter máis información e matricularse na Secretaría do Centro Asociado en horario de 9 a 14 e de 16 a 21 horas.