/* Xavier: quitamos "http:" nos enlaces a googleapis para que cargue ben por http ou https*/

A UNED SENIOR IMPARTIRÁ INGLÉS NO SEGUNDO SEMESTRE

A UNED  Senior impartirá inglés no segundo semestre. A profesora encargada de levar a cabo esta titorización será María Soledad Fernández López. As clases desenvolveranse entre o 27 de febreiro e o 19 de xullo e terán lugar os venres, en horario de 17 a 19 horas.

O prazo de matrícula estará aberto ata o vindeiro 1 de marzo ou ata completar aforo.

Pode obter máis información e realizar a matrícula en http://extension.uned.es/actividad/7874&codigo=UNEDS,  na sede da UNED de Lugo, sita en Cantigas e Frores, 31, en horario de 9 a 14 horas e de 16 a 21 horas,  ou chamando ao 982280202.