A UNED abre a segunda convocatoria de matrícula do curso 2014/2015

A UNED acaba de aprobar a apertura dunha segunda convocatoria de matrícula online para alumnos xa matriculados ou que desexen matricularse por primeira ven cal calquera dos títulos de Grao, Licenciaturas, Diplomaturas e Enxeñerías que oferta a universidade. O prazo abrirase o próximo 16 de febreiro e manterase aberto ata o 27 de marzo. O obxectivo desta apertura é ofrecer aos estudantes unha maior flexibilidade e mellor planificación nos seus estudos. Nesta segunda convocatoria soamente se realizarán matrículas de materias do segundo cuadrimestre. Para máis información consulte a páxina de información de matrícula en www.uned.es.