Maña gradúanse os alumnos da Sénior na UNED de Lugo
Un acto de entrega de diplomas que recupera a súa normalidade tras o parón da pandemia, que contará coa presenza do señor deputado Roberto García Pernas.
O señor deputado, a directora do Centro Ana Belén Traseira e a profesora María Soledad Fernández López farán efectiva a entrega dos diplomas aos alumnos Sénior (ensino dende os 55 anos) deste curso 2021-2022.
O acto terá lugar mañá xoves 23 de xullo, ás 13:00 horas, no Centro Asociado.