Esta tarde celébrase a terceira edición das Xornadas UNED Lugo Sen Fronteiras, centradas en Romanía este ano
No eido das Xornadas UNED SEN FRONTEIRAS LUGO, actividade xa sólidamente implantada no centro e de celebración anual, temos a satisfacción de presentar a III Edición, este ano dedicadas a Romanía.
Son moitos os migrantes romaneses que hoxe viven en España, tamén en Galicia, e que se dedican a infinidade de actividades económicas: sector forestal, hostalaría, construción, agricultura intensiva, transporte, servizos de coidado, músicos, etc. Desde científicos, artistas e académicos de prestixio internacional até algúns colectivos marxinais, como é o caso dos romaníes, cuxa realidade así mesmo desexamos abordar nas presentes Xornadas.
Participan nesta actividade: o Dr. José López Riopedre, doutor en Socioloxía, titor con Venia Docendi UNED Lugo (participa e dirixe); Lulia Pricope, enxeñeira pola UPC e Máster en Estudos Avanzados en Exclusión Social pola UB; o Dr. Óscar López Catalán, doutor en Antropoloxía pola UAB. Responsable do Programa Rroma-Xitanos do Leste en FSG Asturias; Liliana Gabor, auxiliar Axuda a domicilio e Veronica Nicolae, transportista de Mombus.
Realizarase presencial ou online, en directo ou en diferido, esta tarde ás 17:00 horas.
Máis información e matrícula: