A UNED de Lugo e Raiolas organizan unha xornada sobre o apoio xurídico a persoas con discapacidade

Nesta Xornada contra a discriminación: Diversos e iguais “medidas legais de apoio e situación de diversidade”, xuristas analizarán as medidas de apoio existentes no ámbito xurídico que permitan o pleno desenvolvemento da personalidade do individuo con discapacidade.

Será impartido por: Mª Inés Flores Lozano, presidenta Asociación Raiolas Lugo, docente, educadora social e técnico especialista en integración social, familiar, educativa e laboral persoas con discapacidade; Dr. D. Adriano Jacinto Alfonso Rodríguez, xuíz substituto, profesor-titor UNED Lugo; Dna. Pilar García-Puertas Taboada, avogada do ICA Lugo; Dna. Marta Rivera Cumbraos, fiscal da Fiscalía Provincial de Lugo e Dna. Ana María Vázquez Gómez, fiscal da Fiscalía Provincial de Lugo.

Realizarase online ou presencial, o vindeiro xoves, día 30 de xuño, as 18:00 horas. 

Máis información e matrícula:

https://extension.uned.es/actividad/27471&codigo=JUCLD